Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O Congreso do Comercio Galego remata presentando unha listaxe de medidas

Por 20 Novembro, 2021Sin comentarios

O Congreso do Comercio Galego, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Xunta de Galicia, foi clausurado esta tarde despois de dúas intensas xornadas de traballo, nas que a través de 18 ponencias profundizouse na situación e perspectivas do sector comercial galego, prestando especial atención a retos como a modernización, a transformación dixital, comercio online, claves de éxito comercial, comportamento e necesidades do consumidor, entre outros.

Na clausura oficial, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, destacou que as conclusións (adxúntanse) extraidas do congreso aportan ideas para enfocar o presente e futuro do sector. Asimesmo, invitou a pechar o encontro en clave positiva “cunha mensaxe de traballo, de unión, de valor e de vista adiante” para afrontar os retos que se presentan.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, clausurou oficialmente o Congreso, apuntando ó crecemento do comercio online durante a pandemia como a mellor mostra de que nos atopamos en momento de cambio para o sector “por iso, ter un comercio dixitalizado é fundamental para chegar a máis clientes, máis mercadose estar operativos 24 horas ó día, 365 días ó ano”. Conde López sinalou tamén a importancia de que o comercio impulse novos modelos de negocio, vencellados á sustentabilidade, economía circular e transformación dixital, potenciando tanto as canles de venda física como online “e manter o tecido comercial nas nosas vilas e cidades”.

CONCLUSIÓNS

  • Debemos orientar os nosos negocios cara o cliente. Identificalo, comprendelo, coñecer os seus hábitos, os seus horarios. A partir de ahí, crear unha proposta de valor única, diferenciada e relevante para ese público obxectivo.
  • Debemos ter claro o posicionamento que queremos acadar na mente do cliente e, feito isto, empregar as ferramentas que ten o marketing para seducir e fidelizar ó noso público obxectivo.
  • O posicionamento marcaranos cal será o noso produto ou servizo, o prezo que debe ter, as canles de distribución axeitadas e as ferramentas de comunicación que precisamos, tanto no online como no offline.
  • Podemos estar posicionados en buscadores, ser expertos en comunicación de plataformas sociais, etc. pero se a nosa atención ao cliente non é a axeitada, probablemente o perderemos, será eventual e non aproveitaremos todo o traballo feito.
  • Se non conectas do xeito que o consumidor está buscando, non xerarás recordos nel, por moi bo que sexa o teu produto ou servizo.
  • É importante coñecer os hábitos de compra dixitais e a forma de facerlle chegar ó consumidor o noso produto/servizo. Por iso, o fluxo de intención de compra, sumado ós sesgos que impulsan a iso, son claves que debemos saber empregar no noso negocio
  • A competencia non é o enemigo. O noso enemigo é o inmovilismo. Temos que adaptarnos, abrirnos ó novo comercio, ó comercio 24 horas.
  • A pandemia acelerou un proceso de cambio nos hábitos de consumo, que deu lugar á irrupción de numerosos sistemas de pago. Son seguros pero seguen a xerar desconfianza por ser grandes descoñecidos para moitas empresas cuxo futuro depende deles.
  • Dixitalizar non é unha opción, é unha obriga. Pero non a calquera precio, dando os pasos necesarios e adaptados á nosa realidade.
  • Unha boa comunicación mellorará a nosa empresa e a relación coas persoas que nos rodean.
  • Coñecendo os obxectivos da información e da publicidade, creando un calendario editorial, unha completa base de datos de xornalistas e medios, unha boa nota de prensa e con moita constancia e tesón, podes saír nos medios, deixar unha pegada positiva e duradeira e cun custo asequible.
  • Debemos de tomar conciencia do importante que é para o noso desenrolo persoal tomar as rendas da nosa marca persoal e aprender a comunicar por qué deben elexirnos.
  • O segredo para que unha comunicación dixital funcione empeza e acaba na audiencia. Coñecer a súa linguaxe, intereses, hábitos de compra, etc. fará que esta comunicación sexa bidireccional e se propague a audiencias semellantes.
  • Escoller as redes sociais acordes cos obxectivos e ó target ó que un se dirixe é parte de que unha plataforma social sexa exitosa e ofreza os resultados buscados.
  • Canais dixitais como Google My Business, redes sociais ou publicidade en Google son moi axeitados para traballar a publicidade a nivel local.
  • Un blog pode ser un gran aliado das vendas no teu negocio se o utilizas ben.
  • Para que a mensaxe perdure e o cliente repita, a empresa ten que ser coherente coa imaxe que publicita.
  • Todo é marketing e debe empregarse e coidarse: a atención ao cliente, a decoración do local, a comunicación en redes sociais, as promocións que se realizan,etc.
  • Compre coñecer e cumprir toda a normativa vixente na venda online, a través das plataformas de comercio electrónico ou directamente a través dunha web propia.