Skip to main content
Quiroga

O EDM Quiroga gaña o primeiro partido da tempada

Por 29 Novembro, 2021Sin comentarios

O Primeiro equipo federado das Escolas Deportivas Municipais de Voleibol de Quiroga ven de gañar o seu primeiro partido.

Debido a que xa non poden competir en idade escolar, decidiuse a creación dun equipo cadete, este equipo está conformado por unha maioría de xogadoras infantís. O enfrontamento contra o Ribeira Sacra B Cadete estivo moi disputado pero terminou cunha primeira vitoria local ao acadar un marcador final de 3-1.

Este tipo de partidos e competicións animan ás xogadoras a dar o seu máximo nivel e adestrar con máis compromiso e forza. Nestas idades estase a traballar o deporte base que é fundamental de cara o futuro.