Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXATaboada

A ITV agrícola estará en Taboada no mes de decembro

Por 2 Novembro, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Taboada no mes de decembro.

A unidade prestará servizo no polígono industrial dende o día 7 ao 17 de decembro, dende as 09.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 15.30 a 18.00 horas pola tarde.

Lembran que o día 17 tan só haberá servizo de mañá.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.