Skip to main content
Paradela

A Banda de Música de Paradela celebrará a súa patroa

Por 9 Novembro, 2021Novembro 10th, 2021Sin comentarios

O día 21 de novembro a Banda de Música de Paradela celrebrará a súa patroa Santa Cecilia.

Neste día de celebración haberá unha misa en honor aos compoñentes da banda falecidos. En especial aos fundadores da agrupación, Pedro Rodríguez, Cándido López e ao director durante 26 anos Lino de la Torre Barrio.

A misa continuará cunha comida no Río Loio e, posteriormente, a banda amenizará a tarde cun concerto.

Como cada ano, a banda estará acompañada dos socios e amigos. Se algún veciño da zona quere participar na actividade asistindo á comida que se poña en contacto con Roberto ou Marisol a través dos seguintes números de teléfono 626 749 793 (Marisol), 630 766 875 (Roberto).