Skip to main content
Axenda TERRACHÁXACospeito

O Mercado de Nadal de Muimenta dará comezo o 1 de decembro

Por 2 Novembro, 2021Sin comentarios

O Mercado de Nadal de Muimenta, que alcanza a súa décimo terceira edición neste ano 2021, dará comezo o mércores 1 de decembro e rematará o mércores 5 de xaneiro do 2022.

Partiparán un total de 29 negocios, repartíndose un total de 18.000 rifas entre os seus clientes.

Os premios serán 18 vales de 100,00 €. As papeletas gañadoras serán aquelas nas que o número coincida cos tres últimos díxitos do primeiro premio da Lotería de Reis, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de xaneiro do 2022.

Os gañadores, terán que informar antes de que remate o sábado 15 de xaneiro. Ditos vales, deben ser consumidos, nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.

Esta iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de fomentar o comercio local incentivando as compras de Nadal nos negocios da parroquia.