Skip to main content
Cospeito

Sae a licitación a xestión da piscina municipal de Cospeito durante este verán

Por 25 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Cospeito vén de sacar a licitación o contrato para a posta a punto, mantemento e xestión da piscina municipal para a tempada que vai do 1 de xullo ao 31 de agosto.

Os adxudicatarios deberán encargarse do control de auga, depuradora e outros produtos ademais da posta a punto antes da súa apertura. Inclúese no contrato tamén o control de entrada de luns a domingo, de 12.00 a 20.00 horas.

O orzamento está en preto dos 40.000 euros e o prazo para presentar as ofertas remata o luns 29 de abril.