Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAGuitiriz

A ITV móbil de Turismos visita Guitiriz en decembro

Por 14 Novembro, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará entre o 9 e o 13 de decembro no Concello de Guitiriz, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre as 9:00 e as 13.30 horas e de 15:15 a 18:00, agás o día 13, que será só de mañá.

A unidade estará situada no polígono industrial de Guitiriz.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.