Skip to main content
Begonte

Organizan un curso de primeiros auxilios en Begonte

Por 15 Novembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte través do servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos con Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A formación será impartida a través da Escola Galega de Saúde por persoal do 061 (Consellería de Sanidade).

O obxectivo do curso é adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

O curso terá lugar o 1 de dcembro, na casa da cultura do Concello entre as 16.30 e as 20.30 horas. A inscrición pode facerse ata o 30 de novembro na web da Escola Galega de Saúde ou en prevenciondrogas@rabade.org

O programa centrarase na atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes:

  • Como chamar ao 061?
  • Asistencia inicial ante un traumatismo , feridas e hemorraxias.
  • Convulsións , Crise epiléptica.
  • Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc
  • Dor torácico.
  • Queimaduras: escaldadura
  • Perda de coñecemento: Sincope, coma,…..
  • Diabetes: Hipoglucemia.
  • Reaccións alerxicas.
  • Intoxicacións.
  • Reanimación Cardiopulmonar Básica en adultos e infancia: atragantamento, recoñocemento dunha PCR.