Skip to main content
Cospeito

O PSOE de Cospeito lamenta o estado das rúas e camiños rematada a tempada de rebacheo

Por 12 Novembro, 2021Sin comentarios

Os concelleiros socialistas de Cospeito reclaman ao Concello que no se fixese o mantemento básico das pistas do termo municipal durante o verán. “Pasaron os meses de bo tempo e hai pistas e rúas ás que non se lles tocou e agora chega a época de choivas e está todo desfeito”, explica a voceira, Rosa Morán.

Segundo explica hai pistas aglomeradas pero son as menos. “Solicitamos en varias ocasións que se atendera ao rebacheo pero pouco se fixo, confiamos en que se ía facer cando así o aseguraba o alcalde e estamos xa en novembro e a situación é de total abandono”, engadiu.

A concelleira explica que o deterioro é notorio en todo o termo municipal e fai un primeiro balance de Muimenta. Explica que son moitas as zonas do casco urbano “onde case nin se pasa”, como a pista que vai a área recreativa, a do campo de fútbol, a casa da cultura, vivendas sociais e o recinto da Moexmu.

Pola zona máis rural afirma que necesitan un arranxo inmediato as de Ponte do Pacio, que limita con Bazar, Castro de Rei; o tramo do outro concello está amañado pero a de Cospeito non. Outra das pistas máis afectadas é a de Regeiriña, na que hai moitas casas habitadas. A estas suma tamén a Concelleira a do Muíño do Bosque e a que va por det´ras da depuradora da Veiga.

“Sabemos que non se poden arranxar todas as pistas á vez pero deberían tentar polo menos manterse nun mínimo estado para poder transitar e moitas destas non se pode nin andar por elas”, explica.

PLENO

Por outra banda, a voceira socialista indica que levarán ao pleno a situación das pistas, tanto as de Muimenta coma as do resto do Concello, facéndose eco das protestas de veciños e empresarios.

Ademais, tamén volverán a preguntar pola consulta do centro de saúde de Feira do Monte, “que no pleno díxose que se ía arranxar e seguimos como estabamos”.