Skip to main content
Guitiriz

O campo de tiro de Parga acollerá este mes novas manobras militares

Por 2 Novembro, 2021Sin comentarios

O Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) acollerá unha vez máis unha serie de marchas topográficas e exercicios de instrución levadas a cabo polas Unidades do Exército da Armada da Escola Naval Militar.

Devanditas accións requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Estas marchas levaranse a cabo polo termo municipal do Concello entre o 8 e o 13 de novembro.

Estas marchas, que teñen lugar todos os anos polas mesmas datas, avísanse con antelación para que poboación asuma ruidos e demais.