Skip to main content
Guitiriz

Convocan en Guitiriz unha charla sobre acollemento familiar

Por 16 Novembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro mércores 24 de novembro, dentro dun convenio de colaboración entre o Concello de Guitiriz e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), terá lugar a charla Contigo florece, xerando cultura de acollemento.

Esta xornada nace coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida. Tamén buscará achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar.

O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no segundo andar do Fogar dos Maiores ás 17:30 horas do mércores, 24 de novembro.

Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición.