Skip to main content
Guitiriz

O CEIP Lagostelle desenvolve un programa educativo contra a violencia de xénero

Por 22 Novembro, 2021Sin comentarios

A Anpa Lagostelle do CEIP Plurilingue Lagostelle de Guitiriz organiza, en colaboración co claustro de profesores, para todo o  alumnado do centro o programa Rompendo moldes,  o abeiro das axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Durante o martes 23 e o mércores 24 de novembro o alumnado desfrutará, durante o horario lectivo, duns obradoiros impartidos polo persoal de Imaxina. Estes obradoiros foron adaptados para cumprir con toda as medidas sanitarias que marca o protocolo da covid- 19.

E para o martes 23  de 18 horas, esta prevista unha charla para as familias de Prevención da violencia de xénero, protocolo de actuación e novas masculinidades.

As actividades programadas sería un contacontos para educación infantil co título“Mercedes quere ser bombeira.

Mediante este conto preténdese que o alumnado valore e asimile os valores de igualdade entre sexos e se encamiñe cara a eliminación dos roles de xénero. As actividades complementarias, sempre adaptadas a cada idade, estarán enfocadas, a través da observación de imaxes e de xogos, a detectar as ideas previas para traballar conceptos como: igualdade, desigualdade, traballo, xénero, rol… 

Para primeiro e segundo de primaria haberá unha charla teatralizada para captar a súa atención e traballar os conceptos, roles e estereotipos de xénero, así como a posta en valor dunha sociedade igualitaria. Tras a introducción a conceptos básicos acompañada de imaxes  proxectadas realizaranse as seguintes dinámicas: 

  • Que sabes de igualdade?: por grupos terán que responder preguntas de  verdadeiro ou falso referentes aos conceptos de igualdade e roles de xénero. 
  • Dinámica: Traballo desigual. 
  • Reflexión: realizarase un pequeno debate sobre o observado e experimentado  na dinámica.

As actividades para terceiro e cuarto de Primaria consisten nunha charla e videoforum profundizando nos conceptos de  igualdade, prevención da violencia de xénero e novas masculinidades. Tras a introdución a conceptos básicos acompañada de imaxes proxectadas  realizáranse as seguintes dinámicas. 

    • Que sabes de igualdade?: por grupos deberán responder preguntas de  verdadeiro ou falso referentes aos conceptos de igualdade e roles de xénero.
    • Redes sociais: nesta dinámica deben crear un “perfil de Instagram” nun folio e  mediante una serie de preguntas tomarán consciencia da exposición que teñen  nas redes sociais. 
    • Analizamos a imaxe da muller distorsionada do entorno do alumnado (en función  da idade) tanto na publicidade, debuxo animados, series de tv, etc.:  En pequenos grupos, cada un vai ter unha imaxe dun obxecto que van a ter que  vender. Deben pensar un eslogan e un anuncio para vender ese producto aos  seus compañeiros, sen utilizar ningún estereotipo sexista.

Finalmente, para os maiores do colexio haberá un rolle play e un debate afondado nos conceptos de igualdade, novas  masculinidades procurando os seguintes obxectivos:

    • Introducir a perspectiva de xénero e igualdade na vida cotiá. 
    • Diferenciar entre roles clásicos masculinas e roles clásicos femininos
    • Mostrar as cualidades das novas masculinidades.  

Finalizarán cunha dinámica de grupo que consistiría en  gravar un video de 3 min para prevenir as desigualdades  de xénero no centro educativo.