Skip to main content
Muras

Muras pon en marcha obradoiros de memoria

Por 22 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras porá en marcha o próximo mes unha serie de obradoiros de memoria. Pensados especificamente para as persoas maiores, faranse todos os venres de 17:00 a 18:30 na Casa do Médico.

Están deseñados xunto coa Asociación de familiares e enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo (Afalu). Todos os formadores de AFalu están capacitados para dar cursos do certificado de profesionalidade, AFD e formación continua, polo que contarán coa súa formación e experiencia acreditadas.

Os obradoiros terán lugar en decembro os días 3, 10 e 17. En xaneiro serán o 7, 14, 21 e 28. En febreiro (4, 11, 18 e 25), marzo (4, 11, 18 e 25), abril (1, 8, 22 e 29), maio (6, 13, 20 e 27) e xuño rematarán coa actividade os días 3, 10 e 17.

As persoas interesadas en anotarse poden faceldo no Concello ou chamando ao teléfono 982 500 001.