Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba convoca unha praza de xardineiro e outra de electricista

Por 4 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba anuncia a convocatoria de dúas prazas, unha de xardineiro/a e outra de electricista, por un periodo de dez meses cunha xornada a tempo completo. A convocatoria destas dúas prazas está vinculada ao Plan Único da Deputación de Lugo, baixo o seu Programa de Fomento do Emprego 2021.

As solicitudes para cubrir estas prazas deberán de presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba. Ditas solicitudes presentaranse nun prazo de 5 días naturais dende o día seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, ata o luns 8 de novembro de 2021. 

A praza de electricista está adscrita ao departamento de mantemento eléctrico mentres que a de xardinería está incluída no departamento de parques e xardíns. Ambas prazas adxudicaranse a través do sistema de concurso, valorando a experiencia profesional e a formación complementaria dos diferentes aspirantes.

As bases desta convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 3 de novembro de 2021: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/03-11-2021.pdf#page=7