Skip to main content
Vilalba

Renovarán vías municipais en varias parroquias de Vilalba

Por 11 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba sacou a licitación unhas obras destinadas á pavimentación, conservación, limpeza de noiros e sinalización de distintas vías de titularidade municipal situadas nas parroquias de Nete, Ladra, Distriz e Rioaveso.

O orzamento dos traballos rondará os 70.000 euros e se realizarán con fondos do concello, sen ningunha aportación da Xunta de Galicia. As licitacións derivan dun acordo entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta.

Unha das actuacións será nos accesos á escola de Nete, no barrio de O Curro, o principal núcleo de poboación da parroquia de San Cosme de Nete. Nel atópanse a igrexa e o cemiterio parroquial, así como a escola municipal, que actualmente se utiliza como centro de reunión e actividades veciñais.

O concello renovará tamén os accesos ás vivendas do barrio de Os Castros (Nete). É un vial de titularidade municipal sen pavimentar que parte da estrada municipal 065_403 e da acceso a varias vivendas do barrio de Os Castros.

A terceira das tarefas será unha pavimentación no barrio de Lourixe, en concreto na vía municipal 065_207, que parte dende a estrada autonómica LU-541 e atravesa os barrios de Lourixe e Aguiar, ata rematar na estrada provincial LU-P-6506.

A licitación inclúe tamén a rexeneración da vía de acceso ó barrio de Aguiar e do tramo de acceso a Fontechousa dende a LU-P-6511 (parroquia de Distriz). Por último, renovará o camiño de acceso ao núcleo de Vilamartín, dende a LU-120.

“Con estes traballos damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns que empregan este viais, despois do acordo acadado entre o grupo de goberno e Vilalba Aberta”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.