Skip to main content
Vilalba

Vilalba Aberta defende a zona azul, unha proposta deste grupo aprobada en maio

Por 20 Novembro, 2021Novembro 21st, 2021Sin comentarios

Apoiada por todos os grupos políticos no Pleno Ordinario de Maio, a proposta de Vilalba Aberta aplicarase co obxectivo de pór fin á problemática do aparcamento. Modesto Renda: “Urxía pór fin á problemática do estacionamiento no casco urbano e conseguímolo con traballo, iniciativa e consensos”.

O modelo de oposición en positivo de Vilalba Aberta segue a dar resultados. Logo de desbloquear as axudas a autónomos, a tramitación das subvencións nominativas e arrincar do goberno un investimento de arredor de 800.000€ nas parroquias, a formación municipalista vén de acadar outro dos seus obxectivos centrais da lexislatura, isto é: a posta en marcha da zona azul de balde como fórmula de regulación do estacionamento.

Apoiada por todos os grupos políticos no Pleno Ordinario de Maio, a iniciativa de Vilalba Aberta aplicarase co obxectivo de pór fin á problemática do aparcamento no casco urbano e regular o estacionamento na Rúa da Pravia; na Rúa Placido Peña ata a intersección da Rúa das Pontes; na Rúa Campo de Puente ata Domingo Goás, e na Rúa José María Chao Ledo ata a intersección coa Rúa Guitiriz.

O horario será de luns a sábado de 09:00 a 14:00 horas, estando permitido o estacionamento de xeito gratuíto nun período máximo de noventa minutos.

Así mesmo, a medida proxéctase complementaria doutro dos “cabalos de batalla” de Vilalba Aberta, isto é: a necesaria regulación do aparcadoiro subterráneo da Praza da Constitución.

Un proxecto do que nada se sabía un despois do seu anuncio e que agardan, o máis axiña posible se vincule a prazos de licitación e execución.

“Urxía pór fin á problemática do estacionamiento no casco urbano e conseguímolo con traballo, iniciativa e consensos”, declarou a este respecto o voceiro municipal da formación, Modesto Renda.