Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Nais do Ceip Gregorio Sanz ribadense levan 6 días en confinamento

Por 28 Decembro, 2021Sin comentarios

Cinco nais de alumnos de Infantil do Ceip Gregorio Sanz veñen de comunicar que dende que o pasado 21 de decembro no que “apareceu un caso positivo en covid na aula 6ºB levan 6 días en confinamento e os seus nenos non existen para o sistema”.

Así, unha das nais relata que o “22 de decembro, as familias fomos informadas desde o centro educativo de que debíamos confinar aos nenos á espera da chamada do servizo de control e rastrexo”.

Tendo en conta que “constantemente recibimos información e presións dada a vulnerabilidade e sensibilidade doss nenos non vacinados en relación á covid-19, e que estamos falando de 22 contactos estreitos, é dicir, 22 posibles positivos xa que os
nenos en infantil non utilizan máscara, somos as nais as que chamamos ao servizo de Control, Detección e Rastrexo de casos Covid-19 desde o día 23”, seguen contando unha das nais.

“As persoas coas que nos comunicamos, día tras día, comproban os datos dos nosos fillos e ofrécennos sempre a mesma resposta: non constan como contactos estreitos, non figura expediente, nin alerta”, engaden. Por parte do colexio, o día 26 de decembro ante as súas queixas e a ausencia total de seguemento, informáronlles que deron apertura a un novo expediente.

“Como establece a Lei Pública de Saúde de Galicia, 8/2008 do 10 de xullo esiximos unha verdadeira humanización e calidade humana na xestión deste caso, os nosos nenos pese a 6 días de chamadas seguen sendo transparentes para o sistema. Corresponde ao Sergas darnos garantías sen demoras no acceso ao seguemento destes casos especialmente sensibles e vulnerables”, din as nais.

Polo tanto as nais reclaman que se asuman responsabilidades e que se corrixa o erro para protexer os seus fillos. “Despois de case dous anos de pandemia onde nenas e nenos foron acusados de multicontaxiadores e supercontaxiadores, de cerrarlles os parques, xardíns e randeeiras alegando a cuestións de seguridade e agora case exclusivamente culpabilizalos da elevada incidencia porque están sen vacinar, á hora da verdade, ignoran as nosas circunstancias e non nos dan fórmula algunha para saír desta situación”, continúan dicindo as proxenitoras.

“Nós estamos cumprindo cos nosos deberes como usuarioos do Sergas, polo tanto esiximos un compromiso igual por parte da administración no control e seguemento destes casos”, rematan.