Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

Mañá será a Run Foz Run de Nadal

Por 23 Decembro, 2021Sin comentarios

Mañá será a nova edición da carreira Run Foz Run de Nadal e que este ano chega a súa quinta edición. Esta proba está feita para nenos e maiores e será a partir das 12.00 horas coa andaina.

Xa pola tarde, ás 16.25 horas será a carreira de pícaros de 200 metros, ás 16.30 a de benxamín de 750 metros, ás 16.35 horas será a quenda dos alevíns que percorrerán 1 quilómetro, ás 16.40 os infantís e ás 16.45 os cadetes.

A continuación comezará a absoluta ás 17.00 horas e despois será a cerimonia de premios e unha chocolatada.

Os dorsais poderán ser retirados presencialmente o día anterior no Cenima en horario de 17.00 a 19.00 horas, e excepcionalmente o día da proba na zona de saída na carpa da organización en horario de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 16.30 horas.