Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

En marcha o Circuito de carreiras +Kms Barreiros

Por 20 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Barreiros pon en marcha o Circuito de carreiras +Kms Barreiros, nel participan as entidades que organizan as distintas carreiras que se celebran en Barreiros.

A Carreira de Reis, Terra Mar, Ao son do Masma, Trail Comado. ½ Vertical e Carreira das Praias conforman o evento presentado onte por representantes das organizacións, o Concello e a Deputada Mónica Freire.

“Crear este circuíto é un xeito de darlle empaque xeral a todas as carreiras do municipio, que son un dos mellores escaparates para coñecelo; xa que percorren dende as nosas praias ata os nosos montes durante todo o ano”, din dende o Concello.

Conta cun sistema de puntuación sinxelo no que se valorará a regularidade e cada carreira contará co seu propio espazo web dentro dunha web do circuito na que se poderá consultar o regulamento.

Para puntuar será necesario realizar como minimo 4 das 6 probas que compoñen o Circuito e ao inscribirse nunha das dúas primeiras carreiras xa se inscribe automaticamente no circuito.

A primeira das probas do Circuito +Kms Barreiros, será a Carreira Popular Solidaria de Reis que organiza o Concello de Barreiros en colaboración, nesta edición, coa Asociación Deportiva Augas Santas.

O 30% do recadado nas inscricións será doado à Fundación Xesús Bal y Gay para o seu proxecto socioeducativo Sinfónico no Rural que desenvolve en Barreiros durante este curso. A proba tamén contará cunha andaina de 5 ou 10 Kms na cal a inscrición tamén se destinará a fins socioeducativos.

A inscrición está aberta na www.championchipnorte.com e nos vindeiros dias estará dispoñible a web do evento www.maiskmsbareiros.gal.