Skip to main content
Barreiros

A Escola de Familias de Barreiros promove unha xornada sobre os modelos de relacións positivas

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

Este sábado 27 terá lugar a segunda xornada da Escola de Familias en Barreiros, que versará sobre os modelos de relacións positivas. Levarase a cabo de 10.00 a 12.00 horas no centro sociocultural de San Cosme. Deste xeito, aprenderase e reflxeionarase sobre o papel da familia na educación das crianzas.

Esta edición da Escola de Familias, promovida polo Concello, volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña. Son obradoiros que aborda cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.

As inscricións xa están abertas e para formalizala débese de acudir ao Concello de Barreiros. Para facilitar a asistencia, ofrecerase un espazo paralelo dedicado ás crianzas co obxectivo de facilitar a conciliación á vez que se lles proporciona formación mentres xogan e desenvolven actividades.