Skip to main content
Burela

Éxito na recollida de xoguetes e roupa que desde Burela partirá a Cabo Verde

Por 21 Decembro, 2021Sin comentarios

Partiron en furgoneta rumbo a Vigo os xoguetes e a roupa que desde Burela se envía ás nenas e aos nenos de Cabo Verde. Desde o peirao vigués nun contedor a mercancía viaxará en barco ata o Porto de Mindelo, na Illa de Sao Vicente. 

A campaña de recollida de xoguetes foi organizada pola Fundación Expomar e pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración. 

A edil Noelia Mª Ben agradeceu unha vez máis a colaboración “aos coles, ás garderías, á Fundación Expomar, onde fixemos a recollida máis no Concello e a toda a xente de Burela que colaborou. Estamos encantados a solidariedade que houbo”.

A concelleira de Inmigración e Cooperación lembrou que “tamén son peza fundamental nesta iniciativa os armadores bureleses de palangre de superficie que faenan nos caladoiros atlánticos das augas de Cabo Verde, xa que ofrecen os colectores dos seus buques para facer chegar directamente o material recadado ata o Porto de Mindelo, na Illa de Sao Vicente”.