Skip to main content
Ourol

A biblioteca de Ourol estrea un servizo para facilitar a devolución de libros

Por 3 Decembro, 2021Sin comentarios

A biblioteca de Ourol vén de estrear un novo servizo para facilitar a devolución de libros para a veciñanza. Así, colocaron unha caixa de devolución co obxectivo de facilitar o acceso a todas as persoas que por cuestión de horarios teñen mais dificultades para devolver os préstamos.

Esta caixa está aberta as 24 horas, incluíndo fins de semana. Dende o Concello lembran que so se poden devolver libros prestados da biblioteca e que deberá ser colocado co lombo cara dentro e comprobar que se introduciu correctamente.