Skip to main content
Axenda Caducada

Monterroso recupera a Gala Solidaria este domingo 19 de decembro

Por 13 Decembro, 2021Decembro 19th, 2021Sin comentarios

O vindeiro 19 de decembro ás 19.00 horas terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Monterroso a Gala Solidaria que se realiza por sexto ano trala interrupción obrigada do Covid.

Para poder acceder haberá que entregar produtos do Nadal e de hixiene. Os alimentos deberán ser non perecedeiros como pasta, legumes, fariña, conservas, azucre, etc.

Ademais, dende o día 10 ata o 18 tamén se recollerán alimentos nos supermercados Eroski city, Día, Froiz ( tan só do 15 ao 17 de decembro), Plenus e na Casa do Concello de luns a venres no horario de 8.30 a 14.30 horas.

Os elementos recaudados donaranse ao Banco Municipal de Alimentos que o distribuirán entre as familias máis necesitadas do Concello.

Esta gala está promovida pola asociación 25 Xastres e a Asociación Sociocultural Falcatrueiros, contará con maxia, música e baile para poder ofertar aos veciños unha boa tarde a cambio da súa xenerosidade. Os grupos e artistas que actúan durante esta xornada fano tamén de maneira solidaria.

Este tipo de actos favorecen a creación de parroquia e veciñanza dunha maneira solidaria e benéfica que beneficia a todos os veciños tanto os que desfrutan da gala cos seus espectáculos como aqueles que recibirán parte da recolleita.