Skip to main content
Baralla

A nova decoración de Nadal de Baralla está feita a man

Por 27 Decembro, 2021Decembro 28th, 2021Sin comentarios

As rúas de Baralla contan dende a semana pasada con máis decoración de Nadal. Nesta ocasión, os elementos ornamentais foron obra do grupo de manualidades de Baralla que se encargou de realizar e confeccionar a iluminación da rúa Irmáns Díaz Moreno. Ademais, tamén levaron a cabo as árbores da praza do Concello.

O traballo deste grupo está realizado a man con vimbias que son varas de vimieiro finas, longas e flexibles que permiten a súa manipulación dunha maneira sinxela. Empréganse para facer cestos.

Á mestra que dirixiu o proxecto e guiou ao grupo foi María Otero Folgueira.

Con esta decoración as rúas do Concello énchense de luz e ambiente festivo que traslada aos veciños un sentimento de emoción e ilusión.

As manualidades serven para potenciar a creatividade e mellorar a autoestima xa que se obtén un resultado tanxible das horas invertidas na realización dun proxecto facendo que sexa moi motivador. Ademais, axuda a mellorar a axilidade mental, controla o estrés, fomenta o reciclaxe e mellora a psicomotricidade.

Este tipo de proxectos fomenta o traballo en equipo, axudando a crear un grupo sostible de veciñanza que se apoia entre eles.