Skip to main content
Lugo

A Asociación Ayuda Alimentaria Animalista organiza unha campaña para as mascotas de Lugo

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

O tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente, o concelleiro Miguel Fernández, acompañado pola presidenta da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista, Noelia Rodríguez, presentaron a campaña solidaria ‘Este Nadal en Lugo, ningunha mascota sen comida’, que se celebrará durante estas datas de Nadal ata Reis.

O obxectivo desta iniciativa é colaborar coas familias con menos recursos ou que atravesan unha mala situación económica co fin de que poidan alimentar os seus cans, gatos ou outros animais de compañía.

Miguel Fernández pediu a colaboración da cidadanía. “Desde a concellería queremos facer un chamamento á sociedade lucense para que demostre unha vez máis a súa solidariedade, e para iso habilitamos varios puntos de recollida en establecementos ubicados en distintas zonas da cidade, que tamén colaboran neste campaña”.

Actualmente, a Asociación Ayuda Alimentaria Animalista encárganse de ofrecer un banco de alimentos para familias en risco de exclusión social con mascotas. Concretamente, o colectivo colabora con máis de 130 familias de Lugo. Tamén axudan a alimentar colonias e animais en estado de abandono.

Puntos de recollida
Os puntos de recollida son a dede da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista  os xoves de 16:30 a 18:30 na Rúa San Xillao, 13. Facultade de Veterinaria Avenida Carballo Calero, Hospital Veterinario HA na Rúa Virxe da Esperanza, 31. Tiendanimal na Avenida Infanta Elena, s/n , Todo Campo na Avenida Benigno Rivera, 23. Hipermercado Eroski no Centro Comercial As Termas. VetLar Centro Veterinario na Rúa Concepción Arenal, 55 e Ecolavakan Boutique Canina na Rúa Milagrosa, 58.