Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Once concellos reciben unha subvención para instalar caudalímetros

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achegou 40.000 euros a 11 concellos lucenses para a adquisición e instalación de contadores homologados do consumo de auga, co obxectivo de fomentar o emprego eficiente dos recursos hídricos e reducir a vulnerabilidade fronte a episodios de seca.

Financiáronse caudalímetros ultrasónicos ou electromagnéticos ou contadores mecánicos, e podían solicitarse tantos como resultaran precisos para medir o caudal en alta do sistema ou a existencia de perdas ou fugas.

A convocatoria fixaba axudas de ata o 100% do investimento, con límites máximos dependendo do volume de poboación. Así, na provincia subvencionouse o custo íntegro da actuación nos concellos de Ribeira de Piquín, Bóveda, Carballedo, Xermade, Ribadeo e Sober. Alcanzaron a contía máxima de 3.000 euros para municipios de menos de 2.000 habitantes os de Riotorto, Portomarín, O Incio e O Páramo; e Pantón recibiu 6.000 euros, o máximo previsto para concellos de entre 2.000 e 5.000 habitantes.

O obxectivo destas axudas é que se poidan xestionar coa maior dilixencia, eficacia e eficiencia posibles as competencias na xestión dos recursos hídricos.