Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Deputación repartirá aos concellos unha nova remesa de 73.579 máscaras

Por 27 Decembro, 2021Sin comentarios

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no acto de entrega da nova remesa de 73.579 mascarillas que proporciona o Executivo central á Deputación para a súa distribución entre os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. 

Como se vén facendo dende o inicio da pandemia, tanto cos pedidos realizados pola propia Deputación, como outros entregados polo Goberno do Estado, o material de protección distribuirase de maneira proporcional entre os concellos segundo o número de habitantes de cada municipio. 

Este reparto enmárcase no acordo de distribución de material sanitario adoptado polos ministerios de Política Territorial e de Sanidade coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).