Skip to main content
Folgoso do Courel

Os nenos e nenas deron a benvida ao Apalpador na Devesa da Rogueira

Por 29 Decembro, 2021Sin comentarios

No día de onte os nenos e nenas que se achegaron ata a Devesa da Rogueira en Moreda do Courel recibiron unha visita moi especial, chea de maxia e ilusión nestas datas.

Os máis pequenos puideron coñecer ao Apalpador en primeira persoa, unha actividade que encheu de sorrisos e bos desexos a contorna, nunha época marcada por novas restricións e aumento de contaxios da Covid 19. Un sopro de aire fresco para os rapaces que aproveitaron para xogar ao aire libre e socializar entre eles, pasando un rato divertido de ocio e lecer.

Na visita, os nenos recibiron un agasallo e puideron contarlle de primeira man ao Apalpador cales eran as súas peticións e desexos para o 2022.

APALPADOR
Unha das tradicións do Nadal en Galicia conta coa figura do Apalpador. Nas zonas do leste de Galicia existe un carboeiro que baixa as noites do solsticio de inverno, 24 de decembro e 31 de decembro a tocar o ventre aos nenos para ver se comeron suficiente durante o ano, deixando unha chea de castañas, eventualmente algún agasallo e desenxándolles que teñan un aninovo cheo de felicidade e comida.

Na actualidade son moitos os nenos que descoñecen a existencia e as lendas que circulan arredor do mesmo. Este tipo de actividades axuda a difundir e promover a cultura galega poñendo en valor as tradicións da terra.