Skip to main content
Quiroga

Novo obradoiro de cociña para os nenos e nenas de Quiroga

Por 13 Decembro, 2021Decembro 14th, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga volve a organizar un curso de cociña para os nenos. Esta actividade terá como tema central o Nadal e polo tanto realizaranse doces propios destas celebracións.

Terá lugar o mércores 22 de decembro no Albergue Municipal de 16.00 horas a 19.00 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o día 20 de decembro na Casa da Cultura ou chamando ao número de teléfono 982 435 125.

O obradoiro de cociña está dirixido aos nenos e nenas de 6 a 14 anos e axudará á conciliación laboral, a potenciar a relación entre os nenos do concello e a realizar actividades fóra do común que poidan levantar paixóns ou novas habilidades nos cativos. Ademais, tamén aportará as nocións básicas da repostaría aos máis novos co fin de crear unha base coñecementos de cociña.

A Escola Infantil de Cociña “Diseño del Sabor” será a encargada en impartir este obradoiro.