Skip to main content
Sober

Aberto o prazo de inscrición para o II Certame de Decoración de Locais Comerciais en Sober

Por 8 Decembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sober convoca o II Certame de Decoración de Locais Comerciais “Nadal 2021”.

Neste certame poden participar todos os veciños que rexenten locais comerciais ou de hostelería de Sober que decoren escaparates ou fachadas situados no termo municipal do Concello de Sober.

O motivo e a temática da decoración será exclusivamente o Nadal.

A inscrición poderase realizar ata o día 21 de decembro a través da dirección de correo electrónico: cultura@concellodesober.com, no número de teléfono 982 460 513 ou na BMP de Sober. Especificando os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono, local comercial participante con enderezo.

A entrega de premios será na primeira quincena do mes de xaneiro, se as condicións sanitarias o permiten no Salón de Actos no Centro Sociocultural de Sober. En caso contrario, entregaranse os premios de forma privada aos gañadores.