Skip to main content
Sober

Os Reis Magos realizarán un percorrido para os nenos do Concello de Sober

Por 28 Decembro, 2021Decembro 29th, 2021Sin comentarios

O mércores 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente realizarán un percorrido polo Concello de Sober. Esta cita é unha oportunidade para que os nenos vexan as súas maxestades dunha maneira segura.

Tralos últimos datos arroxados sobre a Covid 19, o Concello de Sober móstrase cauteloso ante as aglomeracións, por iso decidiu realizar un percorrido, con paradas polas diferentes parroquias do Concello e, que todos os nenos teñan a oportunidade de ver aos reis dunha maneira segura.

Esta cita dará comezo ás 11.00 horas. Os Reis Magos estarán na Tapería Tear en Cadeiras para os nenos de Doade, Amandi, Pinol, Lobios, Santiorxo, Bolmente e Barantes.

Ás 11:30 horas continuará na Cantina dos meus avós en Bulso. Esta parada está dirixida para os nenos de Bulso, Santa Cruz, Pifigueiroá, Liñarán e Gundivós.

A estación de Canabal será a parada das maxestades de oriente para os nenos de Canabal, Neiras, Refoxo e Vilaescura. Serás ás 12.00 horas.

Media hora máis tarde, ás 12:30 horas, o local social de Anllo Santo Estevo acollerá aos Reis Magos que visitarán aos nenos de Anllo Santo Estevo, Anllo San Martiño e Rosende.

Por último, os Reis Magos estarán no centro sociocultural de Sober para os máis pequenos de Sober, Proendos e Millán.

Esta actividade encherá as parroquias de ilusión e maxia, onde os nenos recibirán un agasallo por parte dos Reis Magos de Oriente.