Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela organiza unha charla informativa sobre o Punto Limpo Móbil

Por 13 Decembro, 2021Decembro 14th, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela organiza unha xornada informativa sobre o novo servizo municipal Punto Limpo Móbil.

O punto limpo móbil é un contedor compartimentado no que é posible depositar diferentes tipos de residuos, como pequenos aparatos eléctricos, pilas, lámpadas, etc. O obxectivo deste tipo de contedores é axudar a destinar estes elementos para a súa reutilización e favorecer a súa reciclaxe ou correcta eliminación.

Os puntos limpos móbiles achegan ao cidadán os medios precisos para impedir que determinados tipos de residuos acaben en contedores inadecuados, abarcando unha gran variedade de residuos en poucos espazos.

A charla será o día 15 de decembro ás 16.30 horas no Centro Socio Cultural Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela.