Skip to main content
Sarria

O concurso de deseño e decoración de bolas de Nadal promoverá o comercio local de Sarria

Por 17 Decembro, 2021Decembro 18th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria pon en marcha un novo concurso co motivo do Nadal. Nesta ocasión poñerase en valor o deseño e a decoración de bolas de Nadal. É a segunda edición deste concurso e na primeira houbo moita creatividade e variedade nas propostas.

Poden participar todos os nenos e nenas nados entre o ano 2004 e 2018. A decoración das bolas deberá ter motivos de Nadal. Os traballos presentados terán que ser orixinais sendo a elaboración libre, podendo utilizar calquera método ou técnica e material ou elemento decorativo. As bolas deberán ser presentadas cun fío, lazo, corda ou calquera outro mecanismo que permita a súa colocación.

A participación farase de forma individual, tendo que ser firmada a inscrición polo pai, a nai ou titor ou titora legal de cada un dos participantes. A inscrición é gratuíta e formalizarase na Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar, entregando a bola dentro dunha caixa, bolsa ou similar cerrado, xunto co formulario de inscrición en horario de 9.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 19.00 horas.

O prazo de inscrición remata o día 21 de decembro.

Haberá tres categorías, a primeira para os traballos dos nenos de ata 6 anos de idade. A segunda, para os nenos de entre 7 e 12 anos e a terceira entre 13 e 17 anos. Establécense tres premios por categoría. Todos serán unha tarxeta regalo para ser empregadas en establecementos sarriaos. Os primeiros premios terán un importe de 300 euros, os segundos premios 200 euros e os terceiros premios 100 euros.

Con estes premios, o Concello de Sarria busca promover o comercio local e axudar ao negocio de proximidade.