Skip to main content
Triacastela

Os Bolechas percorrerán hoxe as rúas de Triacastela

Por 28 Decembro, 2021Sin comentarios

Os Bolechas regresan hoxe ao Concello de Triacastela para coñecer as súas rúas e aos seus veciños.

Os bolechas pasearán polo Concello dende ás 13.00 horas para que os seus veciños poidan sacar fotos con eles e coñecelos de maneira persoal achegando á ilusión aos máis pequenos.

BOLECHAS
Os bolechas naceron no ano 2000 da man do debuxante e guionista Pepe Carreiro converténdose nos protagonistas da máis importante e famosa serie da literatura infantil galega.
A familia está formada por seis irmáns, Carlos, as xemelas Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá. Ademais, ás súas aventuras únese a súa mascota, Chispa.

En tódalas propostas dos Bolechas hai un fin didáctico que permite que os pequenos interioricen conceptos e valores universais, hábitos saudables, coñecementos da vida diaria…

O pasarúas permite que os máis pequenos coñezan aos protagonistas dos contos que len habitualmente. Os bonecos corpóreos, acompañados do seu R4 pasearán pola localidade e realizarán xogos ou actividades cos máis pequenos para que poidan gozar da música e xogos dos seus personaxes favoritos. Nestas intervencións relaciónanse dun modo máis próximo cos seus fans e achegan os personaxes do imaxinario infantil á realidade física.