Skip to main content
Begonte

O venres remata a campaña solidaria de Begonte

Por 15 Decembro, 2021Sin comentarios

Este vernes será o último día para participar na campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello de Begonte este Nadal co que se pretende cubrir as necesidades que sofren as familias da contorna.

Deste xeito estanse a recoller todo tipo de alimentos non perecedoiros, en especial doces navideños, latas de conserva, aceites, leite, legumes, arroz, etc.

O punto de recollida está situado na casa consistorial, situada na praza irmáns Souto Montenegro, entre as 9.00 e as 14.30 horas.

O colexio Virxe do Corpiño sumouse a esta campaña poñendo tamén un punto de recollida de alimentos no centro. Para incentivar a colaboración, o centro entregará un libro a aqueles que colaboren con esta iniciativa solidaria. A entrega pode facerse no centro entre as 9.30 e as 16.00 horas tamén ata o 17 de decembro baixo o lema Alimentos por libros.