Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Últimos días para solicitar as axudas a hostaleiros de Castro

Por 6 Decembro, 2021Sin comentarios

As axudas aos hostaleiros afectados pola pandemia da covid-19 teñen como data límite de presentación o próximo xoves, 9 de decembro.

Castro súmase así á lista de Concellos que ofrecerán unha aportación para intentar paliar os efectos económicos que tivo a crise sanitaria sobre este colectivo.

As axudas, directas, consisten en 1.000 euros por local hostaleiro afectado polos peches entre os meses de novembro de 2020 e marzo deste.

O obxectivo é que respectando os prazos de solicitude as axudas podan estar todas entregadas antes de final de ano.