Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Obradoiros e a cabalgata centran o programa de Nadal de Castro

Por 15 Decembro, 2021Decembro 16th, 2021Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei contará este ano cun programa de Nadal que arrancará o 22 de decembro e que está sendo promocionado por un cartel elaborado polos alumnos de segundo de BAC do Instituto de Castro Ribeiras de Lea, que están a realizar un ciclo de deseño e imaxe.

Así, as festas arrancarán oficialmente en Castro de Rei cun obradoiro de maquillaxe de Nadal, que se desenvolverá no centro social da localidade entre as 16.00 e as 20.00 horas. Este mesmo obradoiro terá lugar en Castro Ribeiras do Lea o día 28 na casa da cultura.

Outra das actividades con dobre pase será o obradoiro para facer un sombreiro de Reno, que terá lugar en Castro Ribeiras de Lea o 23 de 17.00 a 18.15 e en Castro de Rei o luns 27.

Por outra parte, está organizada unha excursión a Xuvenlugo que será exclusiva para os nenos apuntados ás escolas deportivas municipais. Será o 29 de decembro con saída do CEIP Ramón Falcón ás 16.00 horas e regreso ás 21.00 e parada en Castro Ribeiras de Lea.

A viaxe inclúe desprazamento, merenda e entradas.

Realizarase un novo obradoiro dobre para facer postais de Reis Magos o 30 de decembro en Castro Ribeiras de Lea, entre as 17.00 e as 18.15 horas na casa da cultura e á mesma hora o 2 de xaneiro no centro social Xosé Manuel Carballo.

Para todos estes obradoiros será preciso inscribirse con antelación.

Finalizarán a programación cunha cabalgata de reis o mércores 5 de xaneiro, entre as 17.00 e as 19.00 horas.