Skip to main content
Guitiriz

Aprazado o roteiro BTTeando por Guitiriz previsto para o domingo 9

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

Tras o parón pola pandemia da covid-19 e dentro da IV edición do BTTeando por Guitriz (tempada 2021/2022), están organizadas de novo unha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos organizada polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe. Pero, coa evolución do virus dos últimos meses acordouse aprazar a prevista para o domingo 9 de xaneiro.

Este ciclo consiste nunha saída ao mes ata maio de 2022.

As persoas interesadas poderán anotarse no Concello ou no Club BTTeiros Cova da Serpe antes de cada roteiro.

As actividades están abertas ao público en xeral a partir dos 10 anos de idade. Será obrigatorio o uso do casco e será recomendable levar peza de froita (aconsellable plátano) e auga.

Á súa vez, infórmase que pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.

En todas as rutas seguirase o protocolo covid19 vixente.

A programación deu comezo o 14 de novembro dende Guitiriz para percorrer o Muíño da Ruxidae en decembro fíxose o pantano de San Xoán. Así, o domingo 9 de xaneiro estaba previsto ir polo Camiño Norte de Santiago.

Durante o ano 2022 as rutas serán por Cova da Serpe, ruta do Muíños, ruta do Camiño Real e Penas de Rodas (Outeiro de Rei).