Skip to main content
Muras

Rematan as obras de saneamento no Viveiró de Muras

Por 18 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras finalizou as obras de mellora no saneamento que se estaban levando a cabo na parroquia do Viveiró, unha acción que completa o proxecto que hai en marcha por parte do Goberno local para levar este servizo a todos os rincóns do termo municipal.

A actuación realizada beneficia a un preto de 15 veciños da zona e supuxo un investimento de 133.000 euros, que se costean con cargo ao fondo de compensación ambiental da Xunta, dirixido a aqueles concellos do canon eléctrico.

Como explicou o alcalde, Manuel Requeijo, o núcleo carecía de sistema de saneamento e a augas suxas acababan no río polo que a medida imposta polo Concello pasaba por instalar unha depuradora para este grupo de veciños. “Levábamos xa tempo con este proxecto xa que esta parroquia necesitaba un servizo do século XXI”, engade.

As obras iniciáronse no mes de agosto e xa están rematadas polo que comezou tamén o período de probas polo que se espera que poda comezar a funcionar co novo ano.

As actuacións consistiron na instalación das canalizacións para recoller as augas residuais e dirixilas á nova depuradora, ademais da tubaxe que chega ao río.