Skip to main content
Muras

Un graffiti decora as instalacións da nova caldeira do colexio de Muras

Por 20 Decembro, 2021Sin comentarios

O colexio de Muras conta xa cunha nova caldeira de biomasa no centro, unha obra que levaba pendente e que finalmente realizouse este ano.

Con este proxecto o colexio contará cun sistema moito máis económico e ecolóxico que permitirá un aforro considerable.

O custes desta operación foi de de 60.697,40 euros e estivo a cargo da empresa Tecgal Enerxías.

Para completar a obra, as instalacións foron decoradas polo grafiteiro lucense Diego Anido, máis coñecido como Diego As. Diego proclamouse campión de España o pasado abril no concurso Graffiti Battles Spain que convoca a liga Nacional de Graffiti.

Trátase dunha creación en homenaxe ao concello como destino turístico Starlight e reclamo para visitantes.