Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A Xunta reúnese cos traballadores de Tegestacín

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Galicia trasladou o seu apoio aos traballadores e traballadoras da planta láctea de Tegestacín, en Outeiro de Rei, afectados por un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que supón a perda de 70 postos de traballo e o cese definitivo da actividade.

Representantes da Xunta mantiveron unha xuntanza con representantes sindicais e do comité de empresa, entre eles o seu presidente, José Manuel Novo Puente.

A reunión tivo lugar á instancias do comité e foi atendida coa maior prioridade por parte dos responsables do Goberno galego, co obxectivo de coñecer a situación do persoal e valorar posibles alternativas.

En primeiro lugar, segundo anunciaron, “estanse a analizar os detalles do ERE, que tivo entrada na Consellería de Emprego e Igualdade o día 27 e que xa están valorando os técnicos; estaremos atentos ás negociacións entre a empresa e o comité e vixiantes no procedemento”.

Neste sentido, a Xunta e o comité acordaron manter outra reunión nos vindeiros días, unha vez que se teñan producido avances no estudo do ERE e nas conversas entre traballadores e empresa.