Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un encontro co poeta Jesús Castro Yáñez na Pastoriza

Por 8 Decembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

O Club de Lectura Entre Liñas da Pastoriza organizou para este sábado, 11 de decembro, un encontro con Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza; 1992), que gañou no 2015 o Certame Nélida Piñón de Relato Curto con O vello e o minotauro e o Premio de Poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos (Espiral Maior, 2016).

No 2017 publicou Ultramarino (Chan da Pólvora Editora, 2017), que inaugurou a colección Areal de Melide da editorial, mesturando poesía e imaxe usando a técnica da cianotipia.

No 2021 publicouse Campo de plumas (Sushi Books), unha antoloxía de poemas en varios idiomas que se encargou de coordinar e traducir.

A súa obra está recollida en diversos volumes colectivos, e poemas seus foron traducidos a idiomas coma o grego, catalán, esloveno, ou finlandés.

Esta actividade é aberta para todo o público e terá lugar no Fogar de Maeloc ás 21.00 horas.