Skip to main content
Vilalba

Volve un ano máis a campaña para impulsar o comercio local de Vilalba no Nadal

Por 5 Decembro, 2021Decembro 6th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes celebrou a presentación da Campaña de Nadal Merca e Gaña no Comercio Local de Vilalba a cargo da representante do sector de comercio da Asociación, Antía Naveiras.

A Campaña arrancará o próximo 9 de decembro e durará ata o 5 de xaneiro. Sortearanse 2000 euros en catro vales de 500 euros.

Para participar é necesario selar 5 casillas en cinco establecementos participantes diferentes e realizar unha compra mínima de 10 euros.

O sorteo terá lugar o 12 de xaneiro. Poderán participar todos aqueles tickets que fixeran a compra entre esas datas.