Skip to main content
Vilalba

O PP acusa ao goberno de Vilalba de autoritarismo, opacidade e ineficacia

Por 24 Decembro, 2021Sin comentarios

“O informe demoledor dos servizos xurídicos e económicos de Vilalba é a proba de que neste Concello se goberna a golpe de autoritarismo, con opacidade e ineficacia”. Así o indica a voceira do PP neste municipio, Sandra Vázquez, logo de que o PSOE levase ao pleno extraordinario un recoñecemento extraxudicial de crédito de 700.000 euros, apoiado nun documento que revela “serios defectos” no proceder dos socialistas.

Concretamente, o informe indica que existe falta de procedemento na xestión, ausencia de contrato do gasto de crédito e inexistencia da xustificación dese gasto; tres aspectos “o suficientemente graves” que provocaron que os populares decidisen votar en contra.

“Con estes defectos, e por responsabilidade cos veciños de Vilalba, non podiamos apoiar este gasto, xa que no se sabe nin a que se destina, nin como se contrata”, sendo, advirte Vázquez, “os grandes prexudicados os proveedores, que non se lles está pagando nin en tempo, nin en forma”.

A este respecto, remarca: “non estamos en contra ao pago a proveedores, de aí que, no anterior pleno, o voto do PP fose a abstención para que se fixese o trámite adecuado. O que si é curioso é a irregularidade que ten que facer o equipo de goberno para pagar a estes proveedores”.

Vilalba Aberta, “a muleta do PSOE”

Neste senso, os populares afean aos edís de Vilalba Aberta que apoiasen aos socialistas, demostrando ser “a muleta do PSOE”. Por este motivo, para Sandra Vázquez este grupo político tamén está a ser “un irresponsable, ao acudir ao seu rescate”.

“Resulta incomprensible o seu discurso formidable, sobre todo, cando na rúa existe un clamor sobre a falta de xestión deste goberno que, por certo, goberna en minoría e co orzamento prorrogado do PP. Anunciaban cambios de estación, pero o único que temos en Vilalba é un goberno que inverna cada día”, conclúe a voceira do PP.