Skip to main content
Mar AMARIÑAXA

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela actualízase

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Desde o día 1 de xaneiro de 2022 a OPP-7 pasou a denominarse Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela

Anque a anterior denominación Organización de Produtores Pesqueiros da provincia de Lugo, tal como se creou no ano 1986, facía referencia ao ámbito provincial, na práctica dos últimos dez anos a actividade da organización de produtores cíñese fundamentalmente ás frotas de “altura e grande altura” do porto de Burela.

A entidade aprobou por unanimidade na súa Asamblea xeral extraordinaria do pasado mes de decembro este cambio de denominación a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (Lugo), modificando o artigo 1º dos estatutos sociais, así como a renovación da marca comercial “OPP-7 BURELA” como identificador das súas campañas de promoción.
Esta organización de produtores é unha das máis antigas que se constituiron en España en 1986 con motivo da entrada na Comunidade Económica Europea e para a correcta implementación das políticas comúns de pesca.

Dentro do seu plan de produción e comercialización anual, que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, inclúense numerosas campañas de promoción que desde a OPP-7 se lanzaron nos últimos anos, como a diferenciación da marca “Merluza de Burela” e outras accións divulgativas e publicitarias de ámbito nacional que identifican ás frotas e ao porto de Burela como orixe de especies de primeira calidade como a pescada do pincho, cabala, peixe espada, tintorera ou bonito do norte, ademais doutras campañas de ámbito autonómico para promocionar outras especies variadas representativas de tódalas súas frotas asociadas.