Skip to main content
Ribadeo

Convocado o VIII Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A galería ribadense Terra Branca convoca o VIII Concurso de Cartas de Amor e para participar o único que hai que facer é escribir unha romántica, peculiar ou divertida carta de amor. Pode ser de amor á parella, de amor á familia, ás paixóns, á vida, á túa terra, etc… A obra debe ser obrigatoriamente un orixinal do seu autor e non ocupar máis que a cara dun folio a dobre espazo.

A carta pode ser en galego ou castelán e non hai límite de cartas por participante. As obras que non cumpran cos devanditos requisitos serán automaticamente descualificadas. Os orixinais deben enviarse por correo postal ou electrónico con todos os datos do autor ou entregala directamente antes do 14 de febreiro en: Terra Branca, Avenida de Galicia 8, 27700 Ribadeo, ou ao email galeriaterrabranca@gmail.com”.

O xurado estará formato por Mariángel Lea, artista; Isabel Buján, fotógrafa; e José Ramón Leal, director da Galería Terra Branca.

O gañador recibirá unha magnífica figura de cerámica galega. A carta premiada será lida en emisoras locais da Mariña e publicada en redes sociais.