Skip to main content
Axenda Caducada

Xa hai data para a Comida de Coroación do Rei do Entroido de Foz

Por 17 Xaneiro, 2022Febreiro 19th, 2022Sin comentarios

O Entroido asoma xa e por iso dende o Concello de Foz informaron que o vindeiro 19 de febreiro celebrarán a Comida de Coroación do Rei do Entroido.

O menú do xantar, que ten un prezo de 25 euros, consta de pastelón de bonito, sopa de cocido, codillo de porco ao forno, viños, sobremesa, café e chupito.

Para acceder ao xantar será obrigatorio o certificado covid e un test de antíxenos que realizará a organización a mesma mañá do evento.

Para asistir será necesario reserva as entradas enviando un correo electrónico cos nomes, DNI e número de teléfono a entradascarnaval22@gmail.com antes do día 19 de xaneiro.

As mesas serán de 8 comensais, e o luns 17 e martes 18 serán os días fixados para a reserva, e as persoas que se anoten máis aló do día 19 quedarán nunha listaxe na que se cubrirán os ocos de posibles cancelacións.

Cada grupo deberá enviar un email cos datos e en caso de querer asistir de forma individual procederase do mesmo xeito. Así mesmo, no caso de que queden asentos libres nunha mesa, a organización completará con outro grupo ata cubrir os comensais.