Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos continúan en aumento con dous novos falecidos

Por 28 Xaneiro, 2022Xaneiro 29th, 2022Sin comentarios

A covid recupera folgos e volve aumentar a súa presenza na provincia en varias frontes, no número de casos activos, hospitalización e defuncións. Os novos contaxios baixan lixeiramente e en maior porcentaxe as altas.

Así, hoxe hai 6.927 casos activos, 217 máis que onte, con 613 novos contaxios e 395 altas. Onte os casos subiron en 100, con 623 novos contaxios e 521 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 41.813 casos rexistrados e 279 persoas falecidas. Son dúas, unha muller de 52 anos no hospital de Burela e un home de 92 no de Monforte.

A presión hospitalaria increméntase lixeiramente. Na UCI do Hula son 7 os ingresados, mentres en planta son 67 os pacientes (1 máis), 51 no de Lugo (3 máis), 9 na Mariña (1 menos) e 7 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Malia que as cifras a nivel xeral falan de crecmento, no reconto concello a concello vese a tendencia á baixa de forma xeralizada. Non hai hoxe subidas destacadas, todas están por debaixo de 10.

E as baixadas seguen sendo destacadas nalgúns concellos como en Lugo con 130 menos, Viveiro con 39, Sarria con 28, Burela con 24, Guitiriz con 23 e Vilalba con 21.

Agora mesmo xa non hai ningún concello limpo de covid e son catro os que teñen menos de dez casos: Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, As Nogais e Ourol.

A Mariña

  • Alfoz: 35 (6 menos).
  • A Pontenova: 99 (4 máis).
  • Barreiros: 93 (1 menos).
  • Burela: 308 (24 menos).
  • Cervo: 163 (10 menos).
  • Foz: 283 (3 menos).
  • Lourenzá: 58 (1 menos).
  • Mondoñedo: 112 (4 menos).
  • O Valadouro: 81 (7 menos).
  • O Vicedo: 38 (5 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 359 (4 menos).
  • Riotorto: 20 (2 máis).
  • Trabada: 20.
  • Viveiro: 353 (39 menos).
  • Xove: 69 (3 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 49 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 102 (4 máis).
  • As Pontes: 268.
  • Begonte: 66 (1 menos).
  • Castro de Rei: 109 (9 menos).
  • Cospeito: 100.
  • Friol: 66.
  • Guitiriz: 135 (23 menos).
  • Meira: 48 (2 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 128 (4 máis).
  • Pol: 21 (4 menos).
  • Rábade: 25.
  • Vilalba: 427 (21 menos).
  • Xermade: 32 (1 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 58 enfermos (8 máis).
  • O Incio: 38 (1 menos).
  • O Páramo: 35 (1 máis).
  • Paradela: 53.
  • Samos: 34 (5 menos).
  • Sarria: 439 (28 menos).
  • Triacastela: 20 (4 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 68 positivos (8 máis).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 23 (1 menos).
  • Baleira: 18 (3 máis).
  • Baralla: 59 (9 menos).
  • Becerreá: 62 (8 máis).
  • Castroverde 67 (5 máis).
  • Cervantes: 14 (1 menos).
  • Guntín: 60 (1 máis).
  • Lugo: 2.972 (130 menos).
  • Monterroso: 81 (3 máis).
  • Navia de Suarna: 11.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 59 (2 menos).
  • Palas de Rei: 69 (2 menos).
  • Pedrafita: 11 (1 menos).
  • Portomarín: 17 (3 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 61 enfermos (7 máis).
  • Bóveda: 19 (6 menos).
  • Carballedo: 45 (1 máis).
  • Chantada: 326 (2 máis).
  • Folgoso do Courel: 12.
  • Monforte: 430 (7 máis).
  • O Saviñao: 48 (2 máis).
  • Pantón: 53 (1 menos).
  • Quiroga: 74 (4 menos).
  • Ribas de Sil: 30 (3 menos).
  • Sober: 34 (2 máis).
  • Taboada: 49 (4 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).