Skip to main content
Portomarín

Portomarín estrea aparcadoiro e un punto de lavado de bicis

Por 20 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Portomarín segue a mellorar a súa accesibilidade. Nesta ocasión contruiu un aparcadoiro ao aire libre con prazas para turismos e tres prazas para autocares. A súa boa localización, á entrada da vila, facilita o acceso a Portomarín e a que os turistas poidan coñecer o casco histórico dunha maneira máis cómoda e sinxela sin ter que preocuparse por atopar aparcadoiro.

Este novo párking súmase ao novo proxecto que se levará a cabo no Campo da Feira, cun aparcadoiro subterráneo que contará cun centenar de prazas e dúas plantas.

A habilitación deste espazo supuxo unha inversión de 29.997 euros. Con este tipo de actuacións búscase pechar o tráfico nalgunhas zonas do casco histórico para poñelo en valor e axudar a súa conservación.

Ademais, outra iniciativa por parte do Concello é o lavado de bicis, un punto no que os peregrinos e demais usuarios de bicicletas poderán limpar o seu medio de transporte. Este servizo atópase na antiga área de autocaravanas e contará tamén con ferramentas para facilitar o arranxo e posta a punto da bici. Tamén conta cun sistema de inchado de rodas para favorecer un bo mantemento e evitar así posibles accidentes no camiño.