Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Volve o programa da Deputación Coñece a túa provincia

Por 1 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Goberno provincial aprobou lanzar a segunda tempada do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia tras a gran acollida da primeira edición.

A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras da convocatoria do programa para o ano 2022, durante o que a Deputación ofrecerá un máximo de 3.036 prazas repartidas en dous períodos: a  primavera (de marzo a xuño), con 1.794 prazas, e outono (de setembro a decembro), con 1.242 prazas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación das bases reguladoras da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), aínda que a Deputación informará do día concreto a través dos seus canais habituais.

Cada entidade interesada poderá presentar unha única solicitude, que poden enviar vía telemática a través da sede electrónica da Deputación; entregala no Rexistro da Deputación previa cita telefónica; en calquera dos rexistros que menciona a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou tamén nas oficinas de Correos.

As condicións das viaxes e os itinerarios dispoñibles son os mesmos que a primeira tempada do programa, aínda que as persoas interesadas teñen toda a información na páxina web da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal)

O presidente lembrou que o Coñece a túa Provincia “é unha das medidas que lanzamos dende a Deputación de Lugo no marco do Plan de Impulso da Economía da Provincia, e está destinada a incentivar o turismo de proximidade e favorecer a recuperación sostible deste sector, da hostalería e do comercio local fronte ao impacto da pandemia”.